Hakan Casares Berg clausura a SEMANA das LETRAS GALEGAS-2017

Hakan Casares Berg pecha os actos da Semana das LETRAS GALEGAS no Colegio LAR

O acto de clausura da Semana adicada a conmemorar o Día das Letras Galegas, que homenaxea neste 2017 a Carlos Casares, tivo no Colegio LAR un invitado de excepción pois contamos no noso centro co Doutor en Filoloxía, Hakan Casares Berg, administrador do Padroado da Fundación Carlos Casares e fillo maior do escritor ourensán.

 

 

Ante unha audiencia xoven, pero moi receptiva e atenta, Casares, achegounos cunha linguaxe amena e sinxela, á figura humana do autor de “A Galiña Azul” e “Vento Ferido” e a súa preocupación por fomentar na xente a leitura en galego, desde os primeiros contos ata a exitosa columna semanal Á MARXE de LA VOZ de GALICIA.

 

Actos como o celebrado hoxe no noso centro enchen de afecto e consideración hacia o escritor ourensán e achegan aos nosos alumnos e alumnas  no coñecemento da súa obra otorgándolle un merecido  recoñecemento que non se debería limitar a este ano 2017.

A Dirección do Colegio Lar e todo o claustro de profesores quere agradecer a Hakan Casares todas as facilidades prestadas e que fixeron posible a organización deste acto académico, o cal non sería posible sin a mediación de Efrén Giráldez, pai das nosas alumnas Candela e Lucía.

 

Un auditorio ata a bandeira

 

colegiolar

Estamos en Mos (Pontevedra) en la Avenida del Rebullón nº 21, Puxeiros 36416 - MOS (Pontevedra) "Primero SER y luego TENER" es nuestro lema. Colegio LAR, educando desde 1968.