Letras Galegas 2016!

O próximo martes celébrase o día das Letras Galegas, adicado este ano a Manuel María. Toda a semana estivemos coñecendo a vida do autor e traballando nos seus poemas. Entre todos escollimos o poema do Caracol para decorar o noso corredor, ¡qué bonito nos quedou!
Ademáis esta mañá a profe Tere, especialista en língua galega, deunos unha charla super interesante sobre Manuel María e a súa obra, nela descubrimos que este autor non se esqueceu dos pequenos, xa que recitamos poemas, cantamos cancións e aprendimos moitísimas cousas da nosa língua.
Somos galegos, pero no noso cole tamén temos nenos de moitos sitios; chineses, daneses, checos, franceses, italianos, alemáns, brasileiros, portugueses… e todos eles teñen a súa língua.
Moitas línguas son moita riqueza! Por eso, os pitufos, estamos encantados desta mixtura de culturas.
Para rematar a festa, no ximnasio do cole, o noso compañeiro da ESO, Roberto, especialista en gaita, amenizounos cunhas pezas que coreamos e bailamos todos xuntos.
MIL GRACIAS PROFE TERE E ROBERTO!!
A língua é a base da nosa cultura, non o esquezades !
 
VIVAMOS COMO GALEGOS !!

colegiolar

Colegio LAR, educando desde 1968. "PRIMERO SER, LUEGO TENER" Avenida del Rebullón nº 21, Puxeiros 36416 - MOS (Pontevedra) Educación Infantil, Educación Primaria, Ed. Especial, E.S.O., Bachillerato, Ciclos Formativos.