SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Durante esta esta semana, homenaxeamos ao gran autor lucense Manuel María Fernández Teixeiro “Manuel María”. A el adícanse este ano o Día das Letras Galegas. Trátase dun poeta, dramaturgo e narrador que naceu en San Xoan de Outeiro de Rei no 6 de outubro de 1929. Finou o 8 de setembro do 2004 en A Coruña. Iniciou a súa vida cultural e literaria no Lugo da posguerra, onde estudou o bacharelato, participando nas tertulias do café “Méndez Núñez” con Pimentel, Fole, Piñeiro ou Ánxel Xoán. Con este último fundaría anos más tarde, no 1952, a colección Xistral de Poesía.

Unha das súas obras principais foi o poemario “Muiñeiro de Brétemas” (1950), co que se inagura a denominada “Escola da Tebra”.

Os alumnos e alumnas asistiron a diferentes actividades para celebrar esta data tan sinalada: contacontos, concerto de gaita e a unha charla/coloquio a cargo da profe Teresa. E isto non é todo, o venres 20/05, presenciaremos unha obra de teatro representada polos alumnos e alumnas de 5º EP.

 

triciclolar