Semana intensa: Celebramos como se merece o Día das Letras Galegas, e qué mellor maneira de facelo, que adicando estes días a nosa língua con diferentes actividades que nos axudan a unir folclore, letras, cultura, e o amor a nosa terra.
Este ano adícase a Carlos Casares, autor ourensán coñecido polas súas diferentes facetas literarias, aínda que nós o lembraremos pola súa contribución á literatura infantil con obras como «A galiña azul» ou a súa obra teatral: «A laranxa máis laranxa de tódalas laranxas».
Por iso esta semana, os nosos pitufos disfrutaron profundizando na súa vida e obra, ademáis de contar coa fantástica colaboración da profe Teresa e os nenos da ESO que nos explicaron moitas cousas interesantes de Casares.
Tamén recibimos a visita dos avoíños da residencia Alvi-Beade, cos que compartimos unha mañan de contos, cancións e jaldrumadas. Pola súa parte a «teacher Déborah» irmandou as súas nacionalidades, inglesa e galega, facéndonos un taller de instrumentos humildes e sorprendéndonos vestida co traxe tradicional galego, acompañada polo seu grupo «Reencontros«, cos que bailamos e cantamos o son das gaitas. Uns auténticos astistas!!!!
Para rematar acudimos a representación teatral dos nosos compañeiros de Primaria que coa súa obra «O león que non sabía escribir» achegáronnos o fermoso mundo do teatro en galego.
Mirade qué ben o pasamos !!