«FAÍSCAS dunha voz poética» Letras Galegas 2024. CHARLA – COLOQUIO con Xoán Carlos Domínguez Alberte (escritor).

A visita do  afamado escritor e poeta galego Xoán Carlos Domínguez Alberte  foi un dos actos centrais da SEMANA das LETRAS GALEGAS 2024 celebrada no noso centro e que se adica este ano a Luísa Villalta. 

Domínguez Alberte foi presentado por Dª Teresa Iglesias,  mestra de Lingua e Literatura Galega do centro e antiga compañeira de estudos do autor.

Alberte%202
Xoán Carlos Domínguez Alberte e Dª Teresa Iglesias

Xoán Carlos brillou na celebración central  cunha intervención que deixou marabillosos reflexos da súa traxectoria literaria. Enfronte dun público composto por alumnado de 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato, o autor compartiu os avatares da súa vida literaria, dende os primeiros pasos ata a actualidade.

O punto culminante da súa charla recaeu na súa última obra, o poemario titulado «FAÍSCAS» da que o propio autor recitou algúns versos. Alberte destacou a importancia deste volume como  unha obra que mergulla ao lector nun mundo de emocións e imaxes poéticas e revelou que «FAÍSCAS» non é só unha colección de versos, senón unha viaxe emocional e unha reflexión profunda sobre a vida, as súas dificultades e como afrontalas coa creación poética como medio. A obra está adornada con unhas fermosas ilustracións da filla maior do autor, Minia Domínguez, que engaden unha dimensión visual única á poesía envolvente de Xoán Carlos.

A intervención do autor foi acollida con entusiasmo e admiración polo público asistente, que tivo a oportunidade de afondar nas inspiracións e técnicas que marcan a obra deste grande da literatura galega contemporánea. Xoán Carlos Domínguez Alberte, coa súa eloquente presenza e as súas verbas cargadas de paixón polo idioma e a cultura galegas, deixou unha pegada inesquecíbel na Semana das Letras Galegas 2024 celebrada no Colegio LAR.

PHOTO 2024 05 15 14 37 10
"FAÍSCAS dunha voz poética" Letras Galegas 2024. CHARLA - COLOQUIO con Xoán Carlos Domínguez Alberte (escritor). 5
2c3f80c7 27b5 4f45 a8c6 ad741536c713
O alumnado asistente

https://bibliotecaescolararia.blogspot.com/

Alberte%203
"FAÍSCAS dunha voz poética" Letras Galegas 2024. CHARLA - COLOQUIO con Xoán Carlos Domínguez Alberte (escritor). 6