Co gallo do día das Letras Galegas, o alumnado de Educación Primaria realizou diversas actividades relacionada con Xela Arias, a escritora homenaxeada neste 2021.
Por medio das mesmas,coñeceron máis sobre a vida persoal e profesional desta autora nada en Sarria (Lugo) pero que pasou a meirande da súa vida na cidade de Vigo, onde se mostrou coma unha destacada integrante da literatura galega en varios eidos. Tamén disfrutaron de algunhas das súas obras máis destacadas e puideron comprobar a relevancia do seu traballo na nosa literatura contemporánea, xa non soamente coma autora, senón tamén coma tradutora e editora, ademáis de disfrutar de un bó rato.
A continuación, deixámosvos un vídeo que recolle as máis destacadas imaxes da homenaxe que o noso alumnado lle rendiu.